HomeDeportesDispositivo especial para a saída da 4ª Etapa de 'La Vuelta Femenina'...

Dispositivo especial para a saída da 4ª Etapa de ‘La Vuelta Femenina’ desde Monforte

O estacionamento do Parque dos Condes permanecerá pechado ao tráfico desde as 23.00 horas deste luns, 4 de maio, ata aproximadamente as 18.00 horas do mércores 6 de maio, día no que terá lugar o inicio da 4º xornada da proba ciclista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

La Vuelta Femenina 2026 sairá dende Monforte este mércores 6 de maio, co cal resultou necesario desenvolver un completo dispositivo de tráfico para garantir que o inicio da 4ª Etapa da proba discorra sen ningún tipo de incidencia.

O Equipo de Goberno e a Policía Local, en coordinación cos responsables de La Vuelta Femenina, “levamos un tempo traballando no deseño dun dispositivo de tráfico que permita o axeitado transcurso do inicio desta proba, que sairá desde a Compañía en torno ás 14.15 horas e percorrerá o centro urbano ata saír da cidade polo Morín”, sinala o Alcalde José Tomé.

4ª ETAPA DE LA VUELTA FEMENINA

Esta 4ª Etapa, Monforte de Lemos-Antas de Ulla, partirá desde a Praza da Compañía arredor das 14.15 horas e percorrerá o Cardenal, Avenida de Galicia, rúa Chantada ata a rotonda do Hórreo, Ronda María Emilia Casas Baamonde, rúa Doctor Casares e Morín completa, saíndo da cidade pola LU-546 en dirección Bóveda e Sarria.

Serán 115 quilómetros que, ademais de Monforte, transcorrerán por concellos como Sarria, Láncara, O Páramo, Portomarín, Taboada e Monterroso. O remate da proba será no Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla.

AFECTACIÓNS Á MOBILIDADE

O estacionamento do Parque dos Condes estará pechado ao tráfico desde as 23.00 horas deste luns, 4 de maio e ata completar a saída da carreira sobre as 18.00 horas do mércores 6 de maio.

Na páxina web do Concello de Monforte pódense ver ao detalle as rúas afectadas pola saída da proba o día 6 de maio. Afectacións que se darán dende as 10:30 h. ata aproximadamente as 14:30 h.

ÚLTIMAS

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio,...

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...