HomeDeportesTomé deu a saída da 4ª etapa de La Vuelta Femenina que...

Tomé deu a saída da 4ª etapa de La Vuelta Femenina que percorreu o centro urbano de Monforte

A etapa con saída desde Monforte percorreu un total de 115 quilómetros pasando por Sarria, Láncara, O Páramo, Portomarín, Ventas de Narón, Taboada e Monterroso para finalizar en Antas de Ulla

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, foi o encargado de cortar a cinta de saída da 4ª Etapa de La Vuelta Femenina, un evento deportivo de alta competitividade que reúne ás mellores corredoras do ámbito nacional e internacional. A etapa comezou na Compañía e percorreu o centro urbano pasando polas rúas Cardenal, Avenida de Galicia, Chantada, Ronda Emilia Casas Baamonde, Doctor Casares e Morín, para finalmente saír da cidade pola LU-546 en dirección Bóveda. Centos de veciños e veciñas da cidade congregáronse ao longo do itinerario para animar ás deportistas, entre as que se atopan algunas das mellores corredoras do mundo.

O ambiente concentrouse na contorna da Compañía desde as 13.00 horas, inicio do control de firmas. Foron moitos os monfortinas e monfortinas que acudiron para ver de preto o desenvolvemento dos momentos previos ao inicio da proba. Xa en torno ás 14.00 horas, o Alcalde, José Tomé, situouse no arco de saída para cortar a cinta que deu paso ao pelotón. Neste acto, o rexedor estivo acompañado, ademáis de pola Tenente Alcalde, polo Director Xeral de La Vuelta, Javier Guillén, o director deportivo de La Vuelta Femenina, Fernando Escartín, e a excorredora Dori Ruano, embaixadora desta proba deportiva. Asistiron tamén Concelleiros e Concelleiras do Equipo de Goberno e do resto da Corporación Municipal.

Tomé agradeceu a “excelente acollida” deste evento monfortino por parte da veciñanza de Monforte e quixo destacas “a relevancia deportiva e mediática deste evento que reúne ás mellores corredoras do ámbito nacional e internacional”. Así mesmo, puxo en valor tamén “o importante impacto na economía local, xa que a presenza de equipos, organización, medios e afeccionados contribúe a dinamizar sectores clave como a hostalaría, o comercio e o turismo, sendo esta unha ocasión excepcional para amosar ao mundo o noso patrimonio histórico e paisaxístico”.

A cobertura mediática de La Vuelta Femenina alcanza 190 países, con retransmisión en canles como RTVE e Eurosport, e cun importante despregue de medios de comunicación nacionais e internacionais, ademais da presenza ‘in situ’ de xornalistas especializados de 9 nacionalidades: Brasil, Francia, Italia, Colombia, República Checa, Portugal, Países Baixos, Polonia e España.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...