HomeDeportesAs Pistas de Tenis Municipais de Chantada estrean iluminación led

As Pistas de Tenis Municipais de Chantada estrean iluminación led

O Concello de Chantada vén de renovar o sistema de iluminación nas Pistas de Tenis Municipais, localizadas no Parque Eloísa Rivadulla. Substituíronse as 24 luminarias de haloxenuros por 16 novos proxectores LED de 240w

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación na que se invisten case 8.000€ de fondos propios supón un importante avance en eficiencia enerxética, reducindo o consumo eléctrico e os custos de mantemento, ademais de ofrecer unha iluminación máis uniforme para a práctica do tenis.

Estas instalacións son empregadas a diario polas Escolas Deportivas Municipais, que dispoñen agora dunha visibilidade óptima para o desenvolvemento das súas actividades formativas. Así mesmo, o Club de Tenis Chantada utiliza estas pistas tanto para os seus adestramentos como para a celebración de competicións oficiais do Campionato Galego por equipos.

A mellora, que se vén de executar tamén repercute positivamente nos afeccionados que fan uso das pistas en réxime de práctica libre, garantindo unhas condicións de xogo máis seguras e confortables. Con esta actuación, o Concello reforza o seu compromiso co deporte local e coa sostibilidade, apostando por infraestruturas máis eficientes e adaptadas ás necesidades dos practicantes deste deporte.

Desde a concellaría de Deportes do Concello de Chantada estase á espera de mellorar as instalacións coa remodelación da terceira pista e o pintado das outras dúas. Como se fixo coas Pistas de Pádel, instalarase tamén un novo sistema de peche automático e abriranse as reservas online.

ÚLTIMAS

Por Chantada denuncia as incidencias eléctricas no municipio con horas sen luz e esixe responsabilidades

A formación política asegura non entender que "nun dos Concellos que máis enerxía produce...

270.000€ para dotar de luminarias a ronda urbana e o paseo fluvial de Monforte

Por unha banda actúase no tramo da ronda urbana comprendido entre a rotonda do...

240 alumnos de 0 a 3 anos disporán no curso 2026-2027 de educación gratuíta na zona sur de Lugo

O prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís autonómicas rematou o pasado venres,...

Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Danza de Monforte

As alumnas do centro ofreceron unha demostración do traballo realizado durante o curso nas...