HomeDeportes322 piragüistas daranse cita este 30 de maio no encoro de Vilasouto...

322 piragüistas daranse cita este 30 de maio no encoro de Vilasouto co Campionato Galego de Piragüismo de base

Este luns presentábase no encoro de Vilasouto o 'Campionato Galego Individual - Xunta de Galicia', que se celebrará o sábado 30 de maio nesta localización do Concello do Incio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Da presentación da actividade participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, o vicepresidente da Federación Galega de Piragüismo, Martín Carballo, e o alcalde do Incio, Héctor Corujo, entre outras autoridades. A cita é unha competición de prebenxamíns, benxamíns e alevíns de K1 1.500 metros, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Piragüismo. A proba comezará ás 11,00 horas e contará coa participación de 322 deportistas de 31 clubs de toda a comunidade.

O delegado territorial incidiu na importancia de promover o deporte base e destacou a capacidade do encoro de Vilasouto para acoller actividades coma esta, “nun enclave que ofrece unhas condicións excepcionais para a práctica do piragüismo e doutros deportes acuáticos”. Destacou ademais o impacto positivo que este tipo de eventos teñen para o territorio, “tanto desde o punto de vista deportivo como no tocante á promoción e dinamización económica da contorna, polo alto número de deportistas e acompañantes que atraen”.

Esta regata dá continuidade ás competicións celebradas o pasado verán no Incio, que acolleu probas da Liga Galega Infantil e da Liga Provincial de Piragüismo. A recuperación do uso deportivo do encoro de Vilasouto, no ano 2022, permitiu reactivar a práctica desta disciplina nun espazo onde non estaba permitido remar desde a década dos 90.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...