HomeDeportesConta atrás para a ‘Transheroica BTT Race 2019’

Conta atrás para a ‘Transheroica BTT Race 2019’

Este evento deportivo de BTT terá lugar en Chantada e Escairon os dias 2 e 3 de marzo respectivamente. Nesta ocasión a organización pretende superar os trescentos corredores inscritos do pasado ano.

Publicado o

- Advertisement -

Organiza a carreira o Club Ciclista Chantadino mentres que os Concellos de Chantada e do Saviñao patrocinan, xunto cunha adega da Ribeira Sacra, o evento.

A Transheroica BTT é unha competición autonómica, por etapas tipo challenge, con clasificación por tempos e composta por 2 etapas. A primeira etapa, formato contrareloxo celebrarase o 2 de marzo cunha distancia aproximada de 20 quilómetros, mentres que a segunda etapa terá lugar o 3 de marzo cunha lonxitude de percorrido de 65 quilómetros.

A inscrición pode realizarse por as 2 etapas ou só por algunha delas, agora ben, a inscrición nunha sola etapa non dará opción a figurar na clasificación xeral da proba.

Percorrido Escairón domingo 3. Fonte: Club Ciclista Chantadino
Percorrido de Chantada sábado 2. Fonte: Club Ciclista Chantadino

Segundo indicacións da organización, e de cara á clasificación, establécense os seguintes trofeos:

1ª Etapa.  Maillot Primeiro clasificado xeneral total masculino e feminino. Trofeo para os 3 primeiros de cada sub-categoría masculina (Elite/sub 23, M30, M40, M50/60 Master Feminino e Elite –sub 23 feminina).

2ª Etapa.  Xeneral Individual Total final masculina. (3 primeiros). Xeneral Individual Total final feminina. (3 primeiros). Trofeo para os 3 primeiros de cada sub-categoría masculina (Elite/sub 23, M30, M40, M50/60 Master feminino e elite –sub 23 feminina).

Tamén se contempla un trofeo para o primeiro clasificado por equipos, neste caso obtense a posición pola suma dos tempos dos tres primeiros corredores de cada equipo que realice o percorrido completo.

Las inscricións pódense realizar ata o 28 de febreiro a través de www.emesports.es aínda que se pode pechar o prazo antes de cubrirse o cupo de prazas dispoñibles.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...