HomeDeportesA campioa de salto de altura Saleta Fernández recoñecida en Monforte

A campioa de salto de altura Saleta Fernández recoñecida en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Recibiu unha réplica do edificio dos Escolapios e asinou no libro de honra do concello como recoñecemento aos seus méritos deportivos.

A monfortina Saleta Fernández tivo unha recepción no concello de Monforte para recibir das mans do alcalde José Tomé unha réplica do emblemático edificio dos Escolapios como recoñecemento aos méritos deportivos acadados; entre eles o recente campionato de España de salto de altura.

Saleta Fernández firma o libro de honra en Monforte/Concello de Monforte

O alcalde aproveitou a ocasión tamén para pedirlle que asinara no libro de honra do consistorio e lembrou que co acordo acadado por unanimidade no pleno anterior as pistas de atletismo da Pinguela levarán o seu nome e en breve se colocará unha placa para tal fin.

A homenaxeada tivo palabras de agradecemento ao Concello, club e familiares presentes no acto por recoñecer non só os méritos e medallas que se acadan se non tamén o traballo e o esforzo que hai detrás deles. Así mesmo agradeceu que se pensara nela para que as pistas leven o seu nome e indicou que aínda que lle parece “excesivo” este mérito vai estar moi orgullosa desta honra.

Recepción de Saleta Fernández no concello/Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...