HomeDeportesComeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

O estadio de A Ribela é o principal espazo deportivo do municipio, onde xoga a SD Sarriana. O recinto acolle competicións oficiais, torneos de base, eventos escolares e partidos de relevancia autonómica e nacional. A súa utilización fomenta a práctica da actividade deportiva entre os nenos e nenas do municipio, posto que máis de 200 rapaces das categorías base da SD Sarriana adestran no campo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares. As actuacións son froito dun convenio entre o concello de Sarria e a consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no que a administración local aporta 221.200€ e o resto a Xunta ata completar os 516.000€ de investimento.

O proxecto comprende a renovación integral do céspede sintético, que xa superou a súa vida útil e está desgastado. Inclúe ademais o acondicionamento e modernización da contorna do estadio para facelo máis accesible, seguro e funcional.

Acometerase tamén a renovación ou mellora de diferentes servizos, como os vestiarios, as gradas e outras zonas comúns. Instalará un novo sistema de iluminación máis eficiente, unha medida que contribuirá ao aforro enerxético e facilitará o uso desta infraestrutura en horario nocturno. 

Villares enmarcou esta actuación na colaboración da Xunta cos concellos de toda a provincia para garantir unha xestión eficiente dos recursos e unha prestación de servizos á cidadanía en condicións de calidade e igualdade.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...