HomeDeportesRenovación da pista de pádel de Sarria

Renovación da pista de pádel de Sarria

Grazas á Deputación e ao Concello a instalación puido ser reformada con traballos de cimentación e coa instalación dunha nova superficie de herba artificial e cuberta de metacrilato acristalado.

Publicado o

- Advertisement -

O Deputado de Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,  a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez e o Tenente Alcalde, Efrén Castro, inauguraron as pistas que están situadas na rúa Castelao formando parte do complexo polideportivo do Chanto, no que tamén hai pistas de tenis e de baloncesto. Coas melloras acometidas, os veciños e veciñas de Sarria poderán practicar con total comodidade este deporte de moda nunha pista totalmente renovada.

Rivera Capón afirmou que “renovamos unhas instalacións deportivas públicas, para dotar aos veciños de Sarria de servizos de calidade como parte do noso compromiso por achegar todos os deportes aos diferentes Concellos da provincia. É grazas a ese compromiso que somos a administración galega que máis inviste en deporte por habitante no territorio lucense”.

Pola súa parte a Alcaldesa, Pilar López, agradeceu o esforzo inversor da Deputación e considerou “moi beneficiosas para os veciños de Sarria estas actuacións, xa que agora poden practicar esta actividade en calquera momento do ano, sen que a meteoroloxía o impida, algo que nos viñan demandando”.

A achega económica do Executivo Provincial foi  de preto de 46.000 euros das anualidades de 2017 e 2018.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...