HomeDeportesGran actuación do Club Atletismo A Gándara nos Xogos do Eixo Atlántico

Gran actuación do Club Atletismo A Gándara nos Xogos do Eixo Atlántico

Os mozos e mozas do Club Atletismo A Gándara, en representación do Concello de Monforte de Lemos, completaron unha participación histórica esta fin de semana en Santiago de Compostela. A delegación monfortina asinou unha brillante actuación nos XVI Xogos do Eixo Atlántico, onde destacou o talento, o esforzo e o gran traballo en equipo de toda a expedición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A delegación estivo encabezada polo adestrador, Ramiro Méndez, e a delegada, Antía Nieves, que guiaron a un comprometido grupo de once atletas. No apartado masculino, Nicolás, Alejandro, Alexandre, Mauro, Antón e Anxo competiron a un gran nivel en cada unha das súas probas. Pola súa banda, o equipo feminino estivo composto por Claudia, Elia, Martina, Amaia e Sabela.

A gran protagonista a nivel individual foi Claudia Álvarez Velasco, quen asinou un dobrete de prata memorable. A atleta alzouse co subcampionato en dúas disciplinas moi esixentes: a proba dos 1.000 metros en pista e a carreira de ruta, demostrando a súa polivalencia. O éxito colectivo redondeouse na proba de ruta, onde o equipo feminino, formado por Claudia, Elia, Amaia e Sabela, rozou o podio cun meritorio cuarto posto e o equipo masculino formado por Nico, Xandre, Alejandro e Mauro acadou a sexta posición

Con estes novos podios, o Club Atletismo A Gándara consolida unha traxectoria espectacular, logrando acadar medallas de xeito consecutivo nas catro últimas edicións dos Xogos do Eixo Atlántico. Desde o club felicitan a todos os atletas e técnicos “que defenderon con orgullo o nome de Monforte de Lemos. Estes resultados confirman a excelente saúde do noso atletismo de base e premian o sacrificio de toda a tempada”.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...