HomeDeportesAsí foi a participación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

Así foi a participación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

Este venres pola mañá chegaban a Monforte os integrantes da delegación de deportistas que participaron nos XVI Xogos do Eixo Atlántico, que se disputaron en Santiago de Compostela do 6 ao 10 de xullo. O rexedor recibiunos na súa chegada en autobús ao Parque dos Condes e felicitounos polos éxitos acadados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A delegación monfortina estivo formada por 68 deportistas que participaron en 4 modalidades deportivas: voleibol masculino e feminino, baloncesto masculino, e atletismo e natación masculino e feminino; que trouxeron os seguintes recoñecementos:

•   Voleibol Masculino: Medalla de bronce (total equipos participantes: 9)

•   Voleibol Feminino: 5º posto (total equipos participantes: 17)

•   Baloncesto Masculino: 7º posto (total equipos participantes: 19)

•   Atletismo:

        -Medalla de prata en Atletismo Pista 1.000 metros Feminino (Claudia Álvarez Velasco)

        -Medalla de prata en Atletismo Ruta Feminino (Claudia Álvarez Velasco)

        -Cuartos clasificados por equipos en Atletismo en Ruta Feminino.

Son os clubs e entidades deportivas do Concello de Monforte os que nutren de deportistas cada un dos equipos; así o Club de Atletismo A Gándara e o Club Natación Monforte encárganse de facer a selección de atletas para as modalidades de atletismo e natación respectivamente, o Club Korbis e o Club de Voleibol Ribeira Sacra aportan deportistas para as seleccións de voleibol, e o C.B. Val de Lemos encárgase da selección de baloncesto.

Os Xogos do Eixo Atlántico celébranse con periodicidade bianual e reúnen a mozas e mozos de Galicia e do Norte de Portugal que comparten unha semana de deporte, convivencia e intercambio cultural.

Nesta edición participaron 28 municipios: dez galegos e dezaoito portugueses. Pola banda galega, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Carballo, Ribeira, O Barco de Valdeorras, Sarria e Monforte de Lemos, que suman un total de 742 integrantes nas súas delegacións.

Desde Portugal, Matosinhos, Maia, Felgueiras, Vila Nova de Famalicão, Braga, Viana do Castelo, Bragança, Porto, Valongo, Vila Nova de Gaia, Amarante, Vila do Conde, Fafe, Vila Real, Peso da Régua, Santa Maria da Feira, Barcelos e Guimarães, cun total de 1.459 persoas. Toda a información e resultados pode consultarse na páxina web oficial dos XVI Xogos do Eixo Atlántico www.xogosdoeixoatlantico2026.com.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...