HomeDeportesAs promesas do Quixós volven de Ponts con tres medallas

As promesas do Quixós volven de Ponts con tres medallas

A pasada fin de semana, 18 e 19 de xullo, o club monfortino competía no Campionato de España de Xoves Promesas de Slálom e Kaiak Cross nesta localidade de Lleida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha reducida representación do Club Quixós de Piragüismo, que se desprazaba ata terras catalás esta fin de semana con tan só tres deportistas mozos, foi quen de volver para Monforte con 3 medallas.

Os piragüistas que competían no Campionato de España de Xoves Promesas de Slálom e Kaiak Cross eran Lucas Pavón, Antón Liñares e Xoel Fernández. Este último con protagonismo especial pois colgou tres metais: dúas medallas individuais e a outra en equipo na modalidade de ‘Patrullas’.

Lucas Pavón, Antón Liñares e Xoel Fernández subiron ao podio como terceiros na modalidade de piragüismo devandita (‘Patrullas’), mentres que as outras medallas acadadas por Xoel foron unha prata en K-1 Slálom e outra de bronce en Kaiak Cross.

Xoel Fernández, segundo en K-1 infantil no Campionato de España de Xoves Promesas de slálom celebrado en Ponts. Foto: Quixós.

Este domingo 26 de xullo o club monfortino exercerá de anfitrión no tramo do Malecón do río Cabe, lugar onde se disputará unha Copa de Galicia, proba do calendario anual galego.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...