HomeDeportesChantada estrea nova iluminación no campo de fútbol do Sangoñedo

Chantada estrea nova iluminación no campo de fútbol do Sangoñedo

O Concello de Chantada acaba de instalar novo sistema de iluminación no campo de fútbol do Sangoñedo. A nova iluminación que mellora a eficiencia enerxética e a visibilidade no xogo estreouse esta fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Chantada desde a concellaría de Deportes instalou novos focos de iluminación no campo de fútbol, un en cada torre, de modo que se colocaron 4 proxectores led exterior especial alumeado deportivo de 800W IP4000K. Trátase dunha potencia de iluminación moi superior aos instalados anteriormente para corrixir o déficit luminoso no campo.

O Concello de Chantada destina a estas melloras 14.961€; investimento que permitará unha mellora substancial na actividade que se desenvolve nestas instalacións que son utilizadas durante todo o ano para o adestramento e competición de máis de 10 equipo do municipio como o SD Chantada o Atlético Chantada ou as escolas deportivas municipais.

Con este tipo de actuacións, o Concello de Chantada reforza o seu compromiso co deporte local e coa sostibilidade, apostando por infraestruturas máis eficientes e adaptadas ás necesidades dos practicantes deste deporte.

ÚLTIMAS

O queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de publicar no Boletín oficial del...

Ferreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de agosto

O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón...

Artesanía de Galicia no Courel ata o 9 de agosto

Durante a súa visita, destacaron que esta iniciativa contribúe a achegarlle á sociedade o...

A directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo

Lara Meneses coñeceu a primeira quenda das tres coas que conta esta iniciativa que...