HomeDeportes“Entre pazos e carballos”, carreira popular de Taboada, será en setembro

“Entre pazos e carballos”, carreira popular de Taboada, será en setembro

Está organizada pola Asociación Cultural O Carballo e celebrarase o sábado 26 de setembro con tres percorridos adaptados aos e ás distintos participantes.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Asociación Cultural O Carballo de Taboada organiza un ano máis a Carreira Popular de Taboada “Entre pazos e carballos”, incluída no XII Circuíto Miño Ulla de Carreiras Populares. Este ano será o sábado 26 de setembro e terá tres percorridos para facilitar o encaixe a participación para todos e todas as interesadas.

A Proba Absoluta será de 10 quilómetros e comezará ás 18:00 h e á mesma hora sairá a outra, neste caso de 5 quilómetros. As Probas para categorías escolares comezarán ás 19:30 horas e haberá carreiras desde 100 ata 1.500 metros.

Todos os e as participantes recibirán un agasallo ecolóxico e poderán desfrutar dunha degustación de balde de produtos da zona. As inscricións deberán facerse na web www.championchipnorte.com antes do 24 de setembro. Para obter máis información tamén se pode contactar coa asociación organizadora no correo ac.ocarballo@gmail.com

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...