HomeDeportesO Quixós gaña a 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de...

O Quixós gaña a 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregou no paseo do Malecón, as medallas e premios correspondentes á 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta competición piragüística celebrada en augas do río Cabe, participaron un total de 64 palistas procedentes de Dumbría, Mondariz, Tui, Tomiño, e Monforte de Lemos. Competiron nas categorías, todas elas masculino e feminino, de Infantil C1, Alevín C1, Infantil K1, Alevín K1, Alevín C1, Benxamín K1 e Prebenxamín K1.

Por equipos, resultou gañador o club Quixós, con 204 puntos, seguido do club Tea de Mondariz Balneario, con 130 puntos, e quedando en terceiro lugar o club piragüismo Penedo- Teimporta con 107 puntos.

A representación do Quixós Club que organiza este campionato, correu a cargo de Xoel, Lucas, Breixo, Manuel, Dylan, Juan, Sara, María, Alba, Álvaro e Marcos.

Hai que subliñar que o palista do Quixós, Xoel Fernández, foi convocado pola Federación Galega de Piragüismo para formar parte da selección autonómica infantil que competirán no campionato de España de xóvenes promesas que se celebrará entre os días 7 e 9 de agosto en Sabero (León) e Sara Inés Varela, participará no Campeonato Europa Junior e Sub 23 que se celebrará en Épinal (Francia) do 6 ao 9 de agosto.

Esta convocatoria reafirma a calidade do Clube monfortino, que continúa aportando talento dende Monforte ó combinado galego, sendo un dos tres mellores Clubes que hai na actualidade dentro desta modalidade deportiva.

O Alcalde quixo felicitar tanto ó Club Quixós como ós deportistas individualmente, polo traballo que están a facer, xa que froito do sacrificio, da perseverancia e da dedicación que lle adican a esta modalidade deportiva, a nosa cidade ten presencia nas competicións mais importantes de piragüismo que se celebran na actualidade.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...