HomeDeportesDo 4 O 6 de agosto, a Volta Aérea á Península terá...

Do 4 O 6 de agosto, a Volta Aérea á Península terá como sede o aeródromo das Lamas en Monforte

O evento aeronáutico organizado pola Asociación de Aviación Xeral e Deportiva (AEPAL) desenvólvese a nivel nacional e internacional entre o 1 e o 9 de agosto de 2026, tendo como unha das súas sedes principais o Aeródromo de Monforte (LENF) durante os días 4, 5 e 6 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización local corre a cargo do Club Aerolemos, encabezado polo seu presidente José Antonio Guitián, en estreita colaboración co Concello de Monforte, consolidando as instalacións municipais como un punto estratéxico da aviación deportiva no noroeste peninsular, logo das melloras que fixo o Concello por iniciativa do Alcalde.

A ruta une España e Portugal nun trazado de nove días, coa participación de ao redor de 32 avións e 60 persoas, converténdose o aeródromo de Monforte, na base central de operacións desde onde os 32 avións despegarán para realizar varios voos de navegación cara a diferentes aeródromos da xeografía galega e a costa. “Isto permitirá dar unha enorme visibilidade técnica e operativa ás instalacións locais ante pilotos de toda a península” tal e como explicaron o alcalde e o presidente do Club Aerolemos, José Antonio Guitián.

Os participantes compaxinarán esta actividade aérea cunha completa axenda de promoción e turismo cultural, que permitirá que os integrantes da comitiva poidan facer un percorrido polos centros culturais da cidade, incluíndo unha visita guiada ao Museo do Ferrocarril de Galicia para coñecer o histórico legado ferroviario monfortino.

José Tomé e José Antonio Guitián, detallaron que a organización local  tamén ten previsto para os participantes da Volta Aérea á Península, un paquete de excursións aos principais puntos de interese da comarca, coas que os integrantes podrán desfrutar da paisaxe única da comarca, os seus canóns fluviais, coñecer algunhas da joias do noso románico e o gran valor cultural e vitivinícola da Ribeira Sacra.

O Alcalde quixo subliñar o impacto económico que supón para a Ribeira Sacra que Monforte sexa sede deste tipo de eventos. O aeródromo conta actualmente cun intenso e crecente tráfico aéreo. Nel aterran e despegan clubs aéreos de toda España e tamén de Portugal ou Francia. “Vén rexistrando de media, entre 300 e 500 operacións ó ano, sobre todo durante as pontes e fins de semana, pero tamén durante a semana, xa que está aberto ó tráfico de forma permanente, sendo un lugar de parada para tránsitos chegados dende outros lugares de Galicia como Mazaricos, Santa Comba, Lugo ou Ribadeo, e tamén de lugares como Asturias, Castela e León e todo o noroeste da Península en xeral, e tamén doutros países como Portugal e Francia, principalmente.

Neste senso, os pilotos que o utilizan, destacan a situación privilexiada de Monforte dentro de Galicia, e tamén a excelente situación do propio Aeródromo dento do Concello, xa que se atopa moi preto do casco urbano, e isto fai que os visitantes poidan acercarse ó centro da cidade en poucos minutos. “Isto converte ó Aeródromo de Monforte en único, xa que o resto de instalacións deste tipo en Galicia, e a maioría das do resto de España, se atopan sempre alonxadas de zonas urbanas, que requiren de desprazamentos importantes” resaltou o mandatario monfortino.

A ruta une España e Portugal nun trazado de nove días, tendo a Monforte como base neurálxica na metade do percorrido:

  • Sábado 1 de agosto de 2026: Reunión de participantes en LEDE – Aerodel (Córdoba).
  • Domingo 2 de agosto de 2026: Saída cara a Portugal, aterrando en LP51 – Beja.
  • Luns 3 de agosto de 2026: Continuación da ruta lusa cara ao norte, LPBR – Braga.
  • Martes 4 de agosto de 2026: Chegada a Galicia e aterraxe en LENF – Monforte de Lemos.
  • Mércores 5 de agosto de 2026: Base en Monforte de Lemos e voos de navegación.
  • Xoves 6 de agosto de 2026: Despedida de Galicia cara a LERP – Herrera de Pisuerga (Palencia).
  • Venres 7 de agosto de 2026: Vo cara ao Pirineo, LEOJ – Coscojuela (Huesca).
  • Sábado 8 de agosto de 2026: Penúltima etapa en LESS – Sotos (Cuenca).
  • Domingo 9 de agosto de 2026: Clausura do evento e regreso a casa das tripulacións

ÚLTIMAS

O queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de publicar no Boletín oficial del...

Ferreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de agosto

O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón...

Artesanía de Galicia no Courel ata o 9 de agosto

Durante a súa visita, destacaron que esta iniciativa contribúe a achegarlle á sociedade o...

A directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo

Lara Meneses coñeceu a primeira quenda das tres coas que conta esta iniciativa que...