A Área Recreativa de Ribas Altas foi o lugar onde tanto o alcalde, José Tomé, como o concelleiro de deportes do Concello de Monforte, José Manuel Mougán, entregaron os trofeos do Campionato de Pesca Infantil e Xuvenil Festas Patronais, un evento que organiza o Club de Pesca Río Cabe coa colaboración do Concello de Monforte.
O número de capturas foi moi alto, alcanzando os 114 peixes entre os 11 participantes do concurso, unha media de algo máis de 43 peixes por pescador. Foi unha xornada moi produtiva e divertida para os rapaces, que quedaron moi satisfeitos das súas capturas.
No campionato establecéronse dúas categorías, unha primeira de concursantes de 9 a 12 anos e outra de concursantes de 12 a 18 anos, resultaron gañadores os seguintes competidores:
Categotía de 9 a 12 anos:
1º Premio: Manuel Rodríguez.
2º Premio: Pablo Somoza.
3º Premio: César Fernández.
Categoría de 12 a 18 anos:
1º Premio: Lucas Pavón.
2º Premio: Iago Delafuente.
3º Premio: Mateo Fernández.

