HomeDeportesEntrega de diplomas da 3ª quincena que pecha os Campamentos Deportivos de...

Entrega de diplomas da 3ª quincena que pecha os Campamentos Deportivos de Verán de Monforte

O calendario do Programa Deportivo de Verán mantén activos os cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal e A Pinguela, cunha nova quenda do 16 ao 31 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega este venres, 14 de agosto, dos diplomas acreditativos aos 67nenos e nenas que participaron na terceira quincena do Programa Deportivo de Verán do Concello de Monforte. O acto tivo lugar no Pavillón Polideportivo de A Pinguela, coa participación do técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez.

A entrega de diplomas desta quenda pecha unha nova edición dos Campamentos Deportivos de Verán que ofreceu actividades lúdicas e deportivas para un total de 245 nenos e nenas de Monforte durante o período estival, co obxectivo de facilitar a conciliación persoal, laboral e familiar nas vacacións escolares”.

José Tomé, destaca o “importante esforzo que facemos desde o Concello para organizar este programa que ten por finalidade facilitar a conciliación familiar, ao tempo que os nenos e nenas de Monforte desfrutan das súas merecidas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”.

No seu conxunto, o Programa Deportivo de Verán contou ata esta data cunha participación de 381 nenos e nenas: 245 nas tres quincenas dos campamentos deportivos, 105 no Campus de Fútbol Cidade de Monforte-RC Celta de Vigo e 31 nas tres quendas dos Cursos de Tenis.

 

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...