HomeDeportesEntrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, fixo entrega o 16 de agosto pola tarde dos trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte, que se disputou no Club de Golf Río Cabe, coa participación de 44 xogadores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que cumpre xa 25 anos de historia, co patrocinio do Concello de Monforte. Na súa intervención, Gloria Prada felicitou a todos os participantes, e especialmente aos gañadores, e confirmou a aposta do Equipo de Goberno polo deporte.

A Tenente de Alcalde entregou os trofeos e agasallos aos gañadores do torneo, que se pechou coa seguinte clasificación:

1º SCRATCH: Eduardo Varela Puga – 36 ptos. (par)

2º SCRATCH: Fran Varela González – 36 ptos. (par)

1º HANDICAP: Alejandro Varela González – 37 ptos.

2º HANDICAP: Adrián Álvarez Rodríguez – 36 ptos.

3º HANDICAP: Isabel Piñeiro Barreiro – 36 ptos.

4º HANDICAP: Vicente Sanjurjo García – 35 ptos.

5º HANDICAP: J. Antonio Soengas Vázquez – 35 ptos.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...