HomeDeportesEste 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de...

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O partido enfrontará ao Timnas Futsal Indonesia co Palma Futsal

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no Pavillón Municipal de Chantada está organizado pola SD Chantada coa colaboración do concello e do adestrador Héctor Souto, o chantadino que desde o 2024 é seleccionador nacional de fútbol sala de Indonesia.

A expedición indonesia chegaba a Chantada o pasado día 11, desde aquela celebraron varios adestramentos, disputaron un encontro co Parrulo de Ferrol, asistiron ao memorial que organizou SD Chantada e este domingo fixeron o saque de honra no partido da SD Chantada.

Ademais da actividade deportiva que se completará co Torneo deste martes e co partido que celebrarán o día 20 deste mes en Noia, a selección de Indonesia cun equipo de máis dunha vintena de persoas, gozou da eclipse de sol en Chantada, asistiu aos preparativos dos carros do Folión, coñecerán a Ribeira Sacra do Miño e compartiron tempo de lecer na vila, “Están impresionados co amable que é a xente, foi unha conexión moi bonita a pesar da barreira idiomática, conviviron moi ben coa cultura local. Son días de integración con prácticas deportivas competindo en España, referente mundial de fútbol sala, e experiencias de vida porque a maioría é primeira vez que saen de Asia”, explica o adestrador, Héctor Souto, que plantexou esta visita como preparación para o Torneo Seis Nacións que se celebrará en outubro en Brasil.

A selección indonesia que creou unha gran expectación na vila do Asma durante estes días, regresará a Yakarta o domingo, 23 de agosto. Este luns pola tarde o equipo visitaba a Casa da Cultura de Chantada, onde foi recibido polo alcalde, Manuel Lorenzo Varela e outros membros do equipo de goberno. Na xuntanza intercambiáronse experiencias e falouse do éxito da visita que esperan poder repetir no futuro. A cita serviu tamén para presentar o Torneo que se celebra esta tarde e que xuntará en Chantada á selección indonesia co mellor do fútbol sala español. O Palma Futsal é Subcampión da UEFA Champions League e 3 veces Campión, ademais de 3 veces gañador da Intercontinental e o Timnas Futsal Indonesia está cambiando o rumbo da competición no sudeste asiático que estaba dominada por Tailandia.

Recepción da selección indonesia / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...