HomeDeportesConta atrás para a 'Quiroga Bike Marathon 2026'

Conta atrás para a ‘Quiroga Bike Marathon 2026’

A proba deportiva será o 19 de setembro e contará con dous percorridos de 45 e 65 quilómetros pola contorna do Xeoparque Montañas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización da Quiroga Bike Marathon 2026 mantén aberto o prazo de inscrición e anima ás persoas interesadas a reservar canto antes o seu dorsal. Durante as próximas semanas ultimaranse os preparativos dunha edición que incorporará sorpresas e sorteos para os participantes.

A proba contará con dúas modalidades: A Bike Marathon e a Bike Extreme. A primeira terá un percorrido de 45 quilómetros e 1.300 metros de desnivel positivo, mentres que a Bike Extreme alcanzará os 65 quilómetros e 2.300 metros de desnivel.

Os dous itinerarios percorrerán carreiros e paraxes do Concello de Quiroga e da contorna do Xeoparque Montañas do Courel, cunha combinación de zonas rápidas, descensos e tramos técnicos.

A participación poderá realizarse de forma individual ou por parellas e non será necesario contar con licenza federativa. Ademais, a inscrición inclúe bolsa do corredor, seguro deportivo e cronometraxe con chip. As inscricións poden facerse accedendo á páxina web do evento: https://www.deporticket.com/web-evento/13251-quiroga-bike-marathon

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...