HomeDeportesA Ruta Galifornia volveu saír de Chantada

A Ruta Galifornia volveu saír de Chantada

Este 3 de setembro deu comezo unha nova edición da Ruta Galifornia, que concentra a amantes das motos e viaxantes curiosos, facendo percorrido desde Galicia, neste caso a León, para chegar ás chairas altas da comarca da Maragatería.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A expedición promovida pola Fundación Galifornia, comezou saíndo de Vigo, e desde o 2020 faino desde Chantada. Punto escollido por ser o Corazón de Galicia, como aseguran desde a organización, que agradece a colaboración do Concello de Chantada e o interese manifestado desde o inicio nunha proposta que busca fusionar a paixón polas dúas rodas co intercambio de experiencias de viaxe, poñendo en valor o patrimonio cultural, humano e rural das zonas que atravesa, ademais da oportunidade de gozar da gastronomía local.

Nesta ocasión a camiseta da ruta reza, “Galicia-Asturias-León e Santas Pascuas”. O medio cento de motos participantes comezaron a chegar este xoves pola tarde desde distintos puntos de Galicia para manter un encontro e cea de confraternidade na vila do Asma. Este venres percorren a Ribeira Sacra e as súas paisaxes de auga e viño para despois trasladarse á Reserva da Biosfera dos Ancares, con portos sinuosos e desniveis esixentes. En Asturias circularán polas estradas de montaña do Val dos Oscos e tras coroar os cumes do norte descenderán por terras leonesas cara o Val do Silencio para rematar na Maragatería. O 6 de setembro darase por finalizada a ruta cunha comida de fraternidade en Parada de Sil.

Ruta Galifornia 2016-2026 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...