HomeDeportesCase 700 persoas correron este domingo en Monforte contra o cancro

Case 700 persoas correron este domingo en Monforte contra o cancro

A cita, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, AECC coa colaboración do Concello de Monforte, congregou desde as 11.00 horas a centos de veciños e veciñas na Explanada da Compañía, onde se instalou unha carpa para o reparto de camisetas e dorsais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A carreira e andaina comezou ás 12.00 horas, cunha participación de case 700 persoas. A organización agradeceu aos monfortinos e monfortinas a súa implicación con esta causa solidaria, que recada fondos para a atención a pacientes e familiares e para a investigación oncolóxica.

O percorrido partiu da Explanada da Compañía para continuar pola rúa Compañía, Paseo de Lugo, rúa Carude, San Lázaro, Reboredo cara ao centro da cidade, Dalmiro de la Válgoma, Escultor Francisco Moure, Compañía ata a glorieta de entrada ao Parque dos Condes e regreso á Explanada da Compañía, onde estará situada a meta. Os corredores deron dúas voltas a este percorrido completando un itinerario de 5 km.

A carreira contou con categorías masculina e feminina e establecéronse tres premios en cada unha:

As gañadoras na categoría feminina son Luisa González Somoza (1ª), Martina Navia López (2ª) e Marta Rivera Vázquez (3ª).

Na categoría masculina recibiron o trofeo Adrián Parada López (1º), Serafín Rodríguez Rodríguez (2º) e Tomás Díaz Ferández (3º).

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a tenente de alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros e concelleiras de Deportes, José Manuel Mougán, de Muller, Igualdade e Consumo, Regina López, e de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, participaron nesta marcha deportiva e solidaria á que se sumaron tamén o Presidente da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo, José Manuel Rozas Bello, así coma outros integrantes da asociación e membros da Corporación Municipal.

Ademais desta actividade, o concello colabora de modo habitual coa Asociación Española contra o Cancro na provincia de Lugo, entre outras cuestións, coa cesión de 3 locais desde os que a entidade atende a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade.

Andaina contra o cancro 2026 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...