HomeDeportesPresentación da 'II Quiroga Bike Marathon' cunhas 190 persoas inscritas

Presentación da ‘II Quiroga Bike Marathon’ cunhas 190 persoas inscritas

Tivo lugar o pasado martes 15 de setembro na Casa da Cultura de Quiroga e contou coa presenza de Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo. A proba reunirá o sábado 19 de setembro amantes da BTT e da natureza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A II Quiroga Bike Marathon entra na súa recta final con arredor de 190 persoas inscritas e só 10 dorsais dispoñibles. A proba celebrarase este sábado 19 de setembro e ofrecerá dous percorridos de 45 e 65 quilómetros polos sendeiros e paraxes do municipio e da contorna do Xeoparque Montañas do Courel.

A cita deportiva foi presentada este martes 15 de setembro na Casa da Cultura de Quiroga e contou coa participaron do vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera; e membros do equipo de Goberno como o concelleiro de Deportes, Antonio Marcos. Tamén estivo un dos responsables da organización, Celestino González, presidente do Oroso Club Ciclista.

Durante a presentación destacouse a importancia desta proba para a comarca, tanto pola súa dimensión deportiva como pola súa capacidade para promocionar Quiroga, a Ribeira Sacra e o Xeoparque Montañas do Courel como destinos vinculados ao deporte e á natureza.

O evento conta co financiamento e a colaboración do Concello de Quiroga e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

DETALLES DA PROBA

A proba contará con dúas modalidades: a ‘Bike Marathon‘, que terá un percorrido de 45 quilómetros e 1.300 metros de desnivel positivo; e a ‘Bike Extreme‘, con 65 quilómetros de percorrido e 2.300 metros de desnivel positivo.

Os dous itinerarios discorrerán por carreiros e paraxes do Concello de Quiroga e da contorna do Xeoparque Montañas do Courel combinando zonas rápidas, descensos e tramos técnicos para ofrecer unha experiencia completa ás persoas amantes da BTT.

A saída terá lugar ás 9.00 horas desde a rúa Real de Quiroga, punto no que tamén estará situada a meta, e o peche da carreira está previsto para as 16.30 horas. Ao longo dos dous percorridos haberá avituallamentos sólidos e líquidos, debidamente sinalados no rutómetro oficial.

A participación poderá realizarse de maneira individual ou por parellas e non será necesario contar con licenza federativa. Tamén estará permitida a participación con bicicleta eléctrica, aínda que esta modalidade non contará cunha clasificación específica nin puntuará para a clasificación xeral. A inscrición inclúe bolsa do corredor, seguro deportivo e cronometraxe con chip.

As inscricións pecharanse este mércores 16 de setembro.

Participantes da proba na edición anterior. Foto: Concello de Quiroga.
SESIÓN PREVIA E AGASALLOS PARA OS PARTICIPANTES

A organización celebrará o venres 18 de setembro, en horario de 20.00 a 21.00 horas e na Casa da Cultura de Quiroga, un briefing previo no que se explicarán os principais aspectos técnicos e organizativos da proba. As persoas inscritas que asistan ao encontro participarán no sorteo de diferentes agasallos, entre os que figuran unhas gafas de Óptica-Audición Alicia Lama; unha cesta de produtos para ciclistas da licenciada Marta de Olano Vela; un pantalón, un casco e un maillot de Valwind; e unha fin de semana en temporada baixa no Xeocamping Montañas do Courel.

O evento conta co financiamento e a colaboración do Concello de Quiroga e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, fundamentais para facer posible a celebración desta proba.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...