HomeDeportesI Olimpíadas do Envellecemento Saudable en Chantada

I Olimpíadas do Envellecemento Saudable en Chantada

Serán este sábado 19 de setembro e reunirán máis de 200 atletas no parque Eloísa Rivadulla. Participarán de todas as idades, aínda que a maior parte dos participantes supera os 65 anos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Baixo o lema ‘O envellecemento saudable constrúese desde idades moi temperás’, celebraranse en Chantada as primeiras Olimpíadas do Envellecemento co principal obxectivo de dar visibilidade ás persoas maiores como referentes activos e competentes dentro dunha comunidade diversa. O evento deportivo, que prevé reunir a máis de 200 participantes, é pioneiro a nivel rexional e nacional e está organizado pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, iNNOHEROICA e o Club Peña Saltasebes. Ademais, conta co apoio das seguintes entidades: o Concello de Chantada, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, El Progreso, Universidade de Vigo, LONG-AGING, Cruz Vermella, Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía e Cofiga.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

As actividades de carácter deportivo que se desenvolverán ao longo da xornada están adaptadas a distintos niveis funcionais e abertas á participación de persoas de todas as idades interesadas en gozar da actividade física nun contorno social e colaborativo.

Haberá tres probas deportivas: Resistencia (carreira sobre asfalto de 3 ou 5 quilómetros), Forza (lanzamento de peso, dun quilogramo) e Velocidade (carreira de cross de 200 metros); e dúas cognitivas: xadrez e dominó. Ademais, a xeriatra e vogal da Xunta Directiva da SGXX, Vanessa Álvarez, ofrecerá unha charla sobre nutrición e deporte. Tras a entrega de premios e medallas, haberá unha camiñada ata Adegas Amedo, onde se clausurará este encontro deportivo.

Todas as categorías son individuais e divídense por xénero masculino e feminino e haberá tres modalidades: Absoluta 1 (de 6 a 49 anos), Absoluta 2 (de 50 a 70 anos) e Absoluta 3 (de 70 anos en diante). Os tres primeiros clasificados da Absoluta 1 recibirán unha medalla; e os tres primeiros da Absoluta 2 e 3 recibirán trofeos.

Trofeos para as probas deportivas. Foto: SGXX

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...