HomeDeportesÉxito de participación e de organización na II Quiroga Bike Marathon

Éxito de participación e de organización na II Quiroga Bike Marathon

Trátase da proba de BTT de referencia no sur da provincia de Lugo na que participaron este sábado 19 de setembro douscentos corredores. Está organizada dende a área de deportes do Concello de Quiroga e conta co apoio da área de deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga acolleu con gran éxito a II edición da Quiroga Bike Marathon, unha proba que comezaba este sábado 19 de setembro ás ás nove da mañá nas inmediacións da Casa do Concello estando presentes o Alcalde de Quiroga, José Luís Rivera e o Concelleiro de Deportes, Antonio Marcos.

Douscentos ciclistas botaban a andar para gozar da mountain bike en estado puro. A proba contaba novamente con dúas distancias adaptadas a diferentes niveis de preparación e experiencia, a Bike Marathon con 45 quilómetros e 1300 metros de desnivel positivo e a Bike Extreme con 65 quilómetros e 2300 metros de desnivel positivo.

Saída da proba coa presenza do alcalde e o concelleiro de deportes. Foto: RTMQ

Os dous percorridos atravesaban algúns dos carreiros e paisaxes máis representativas do Concello de Quiroga, incluíndo tramos técnicos, descensos e zonas rápidas que permitiron aos participantes desfrutar dunha experiencia completa de BTT. O recorrido común para as dúas probas levou aos participantes pola Cruz das Eiras, as Terras Negras ou o Alto de Reboledo. Neste último punto foi onde os da Bike Marathon collían dirección á liña de meta, mentres que os participantes na Bike Extreme dirixíanse ao Rego das Forcadiñas e o Alto do Boi antes de voltar ao punto de saída.

Un momento da proba. Foto: QBM
Avituallamento na ‘Quiroga Bike Marathon’. Foto: QBM

“Ao longo da mañá ian chegando a meta os participantes desta edición á que moitos definiron como espectacular pero moi dura”, explican dende a organización. Na entrega de premios estiveron presentes Alcalde José Luis Rivera e os concelleiros do equipo de goberno Antonio Marcos e Maite Pérez.

RESULTADOS

O monfortino do Club Ciclista Maceda, Saúl López, foi quen gañou na distancia de 65 quilómetros en Extreme mentres que Rogelio Baños impúxose na distancia de 65 quilómetros en Extreme Ebike. En mulleres, a vencedora foi Tania Lima.

Na distancia de 45 quilómetros os premiados foron David García e Oliver Vidal e Lucía Troitiño adxudicouse a vitoria en mulleres.

A Quiroga Bike Marathon remata con éxito organizativo e de participación, reafirma o seu potencial no calendario de probas da súa categoría e pon a mirada xa na seguinte edición. Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, participou na presentación oficial do evento deportivo o día 15 na Casa da Cultura de Quiroga amosando o seu apoio que ademais tradúcese nun convenio económico co Concello de Quiroga. Na súa intervención dixo que este apoio representa unha “aposta polo ciclismo como plataforma para promover o deporte e promocionar o territorio” e valorou “a oportunidade que este tipo de probas ofrece para dar a coñecer a riqueza paisaxística, cultural e patrimonial a novos visitantes”.

Intervención de Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación de Lugo o día da presentación en Quiroga. Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...