HomeDeportesMonforte daralle a saída á XIV Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics

Monforte daralle a saída á XIV Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics

A cidade acollerá o 1 de outubro a primeira etapa, cun percorrido circular de 17 quilómetros que percorrerá as rúas do centro urbano e espazos da contorna, desde Ribas Altas a Piñeira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A XIV Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia, que percorrerá as catro provincias galegas do 1 ao 4 de outubro, foi presentada este luns 21 de setembro no Concello de Monforte, lugar onde arrincará a proba. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, destacou, na presentación do evento, a aposta do Concello polo deporte e polas iniciativas que contribúen á inclusión e á participación. social. Xunto a ela estiveron tamén o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o deputado de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, Carlos López; o representante de Prodeme, Juan Luis Cortiñas, e o deportista de Prodeme Pedro Fonseca.

A Marcha Ciclista Unificada desenvolverase do 1 ao 4 de outubro e percorrerá as catro provincias galegas, con etapas en Monforte, Ourense, Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa. A primeira etapa terá en Monforte unha ruta circular de 17 quilómetros, con saída e chegada no Pavillón Municipal da Pinguela, percorrendo diferentes puntos do núcleo urbano e da contorna, desde Piñeira ata Ribas Altas.

APOIO E COLABORACIÓN DO CONCELLO NA ORGANIZACIÓN

O concello colaborou con Special Olympics no deseño da ruta polas rúas de Monforte e tamén na organización do dispositivo de seguridade co apoio necesario para levar a bo porto unha proba na que participarán arredor de 60 persoas entre deportistas, adestradores, organización e persoal de seguridade.

Gloira Prada indicou tamén que neste dispositivo terán un papel fundamental a Policía Local e Protección Civil, xunto co servizo de ambulancia e primeiros auxilios, que contará tamén coa presenza dun médico durante a proba para poder atender calquera eventualidade e facilitar, se fose necesario, unha evacuación. O Concello tamén porá á disposición da organización o Pavillón Municipal da Pinguela e os seus vestiarios, reserva de espazo para o estacionamento das furgonetas da organización e a achega de 20 trofeos, 100 medallas e 100 camisetas para participantes e colaboradores.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...