HomeDeportesMatrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

Finalizado o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais que oferta o Concello de Monforte para o curso 2026 – 2027, vense de publicar o listado de persoas admitidas en cada una das actividades. Quedan libres 73 prazas, 30 nas modalidades de persoas adultas e 43 nas de nenos e nenas, polo que aquelas persoas ou familias interesadas teñen aínda a oportunidade de formalizar matrícula nalgunha das actividades con prazas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para persoas adultas (a partir de 16 anos) cun total de 283 prazas ofertadas. Concluído este proceso, quedan libres 73 prazas.

PERSOAS ADULTAS

MODALIDADEPRAZAS LIBRES
XIMNASIA DE MANTEMENTO MARTES E XOVES 10:30 – 11:30 H.7
XIMNASIA DE MANTEMENTO LUNS E MÉRCORES 17:00 – 18:00 H.6
XIMNASIA DE MANTEMENTO MARTES E XOVES 17:00 – 18:00 H.3
TAI CHI MARTES (19:45 H.) – VENRES (20:00 H.)5
IOGA LUNES E MÉRCORES 16:15 – 17:15 H.5
ZUMBA ADULTOS4

NENOS E NENAS

MODALIDADEPRAZAS LIBRES
PÁDEL10
GOLF4
KUNG FU10
ZUMBA INFANTIL19

A matrícula nas prazas dispoñibles farase directamente na Oficina Municipal de Deportes. Máis información: 982 875 430 e deportes@concellodemonforte.com

No que se refire aos cursos de natación que se ofrecen na Piscina Climatizada Municipal, a día de hoxe están matriculadas un total de 194 persoas nalgunha das 264 prazas ofertadas. Todas aquelas persoas interesadas en inscribirse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles pódeno facer directamente a través da Piscina Municipal. Máis información: 982 202 965 e apinguela@ideasdebolina.com

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2026 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2027, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e participante é de 92,70€ por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Requisitos e documentación para a matrícula

Requisitos para participar nas Escolas Deportivas Municipais:

  • Para participar en escolas de nenos e nenas, ter entre 6 e 15 anos de idade.
  • Para participar en escolas de persoas adultas, ter 16 anos ou máis.
  • Estar empadroado ou empadroada no Concello de Monforte
  • Aceptar e cumprir as condicións establecidas para a actividade.
  • Non ter impedimentos para a práctica deportiva e asumir os riscos da mesma.

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
  • Fotocopia do DNI do solicitante
  • No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
  • Certificado de titularidade de conta bancaria, no caso de que o modelo de solicitude non estea asinado pola entidade bancaria no espazo correspondente.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...