Máis de 1.000 persoas na XI Carreira Popular Concello de Monforte

Este xoves péchase o prazo de inscrición para participar nesta cita que terá lugar o 24 de marzo.

Carreira Popular / jrcasan.com

A gran novidade deste ano é que o percorrido da carreira absoluta pasa de 7.000 a 10.000 metros, o que supón un paso máis na evolución e consolidación deportiva da proba, entre outras cousas, polo feito de tratarse dunha distancia olímpica.

Ademais da carreira absoluta, o evento conta con outras cinco carreiras de categorías  menores con distancias de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. O inicio das probas de menores terá lugar ás 11:00 da mañá e a carreira absoluta tomará a saída ás 12:00 h. Todas as carreiras presentan un percorrido totalmente urbano e moi atractivo xa que parten da explanada da Compañía e discorren por varias rúas do casco histórico da cidade.

Entre as probas de menores e a proba absoluta establécense un total de 14 categorías o que da lugar a un reparto importante de trofeos, xa que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo conmemorativo do evento. A única categoría na que non haberá clasificación e na MINI onde todos e todas os e as participantes levarán unha medalla e unha bolsa de lambetadas como agasallo por rematala carreira.

Ademais dos premios por categorías haberá tamén premios especiais para os/as mellores atletas locais e para os gañadores e gañadoras absolutos e absolutas da proba.

Nesta edición haberá tamén clasificación por equipos; as persoas interesadas en confeccionar un equipo poderano facer a través da plataforma de inscricións. Estes equipos estarán compostos por un mínimo de 4 e un máximo de 6 compoñentes e obrigatoriamente terán que ser mixtos, e dicir, que a metade do equipo terá que estar formado por homes e a outra metade por mulleres. Tamén recibirá un agasallo o centro educativo con maior número de atletas inscritos/as que crucen a liña de meta o día da proba.

Todas as persoas participantes que rematen cada unha das carreiras nas que participen recibirán un agasallo conmemorativo do evento así como avituallamento sólido e líquido.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here