HomeDeportesSaque de honra do medallista nos Special Olympics, Iván Rodríguez Denís

Saque de honra do medallista nos Special Olympics, Iván Rodríguez Denís

Iván Rodriguez Denís, medallista nos Special Olympics fai o saque de honra no derradeiro partido de da Liga Escolar de fútbol sala en Láncara.

Publicado o

- Advertisement -

O deportista lugués, Iván Rodríguez Denís, gañador de dúas medallas nos xogos mundiais Special Olympics, no saque de honra que realizou o saque de honra no derradeiro partido da Liga Escolar de fútbol sala da zona Val de Lemos na categoría Benxamín.

O partido enfrontou ás Escolas Deportivas Municipais de Láncara co equipo Torre de Lemos de Monforte, no pavillón Municipal da Pobra de San Xiao. O equipo local rematou o partido como gañador invicto da competición no derradeiro partido que se celebra no pavillón antes da súa reforma.

Do acto participaron o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López. Capón destacou que “Iván é un exemplo para os rapaces das escolas deportivas, para conseguir, tamén no ámbito deportivo, unha sociedade máis inclusiva”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...