InicioEconomíaO sur de Lugo recibe 233.000 euros para recursos turísticos e 600.000...

O sur de Lugo recibe 233.000 euros para recursos turísticos e 600.000 polas axudas da Risga

A Xunta financia á agrupación de concellos da comarca de Quiroga, cun proxecto para sinalizar o territorio do xeoparque Montañas do Courel e Monforte convértese no concello da provincia máis beneficiado polas axudas da Risga.

Publicado o

- Advertisement -

Na zona sur da provincia 46 persoas en risco de exclusión social que son perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) poderán incorporarse a un emprego. O Concello de Monforte recibe 307.000 para a contratación de 20 persoas, Chantada recibe da Xunta para esta finalidade preto de 52.000 euros para a contratación de 5 persoas, O Saviñao recibe preto de 57.300 euros para a contratación doutras 5 persoas.

O Concello de Quiroga ten asignado un orzamento de preto de 52.000 euros para a contratación doutros 5 traballadores e o de Sober tamén se ve beneficiado de  máis de 25.000 para a contratación de 2 persoas e o de Pantón poderá contratar tamén a 2 persoas en risco de exclusión social cunha achega de 19.950 euros. A Pobra do Brollón, Carballedo e O Incio tamén solicitaron a contratación de 2 traballadores para o que reciben máis de 19.000, 24.000 euros e 23.000 euros, respectivamente. Finalmente, Ribas de Sil ten outorgado máis de 10.000 euros para a contratación dun peón de limpeza.

Por outra banda, a Xunta destina axudas por importe de 760.000 euros a impulsar recursos turísticos no rural da provincia de Lugo, a través dun programa de colaboración co que o Goberno galego achega o 65% do investimentos.

No sur da provincia os proxectos que reciben subvención da Xunta son os seguintes:

ENTIDADE BENEFICIARIA OBXECTO SUBVENCIÓN 2019 TOTAL CUSTO PROXECTO (con IVE)  Subvención concedida (máximo 45.000)
Agrupación concellos Comarca de Quiroga Sinalización do territorio proxecto de xeoparque Montañas do Courel 24.587,54 15.981,90
Concello de Sober Recuperación e posta en valor de alpendres tradicionais na contorna do santuario de Cadeiras, Pino, T.M. de Sober 48.427,98 31.478,19
Concello de Chantada Promoción e mellora do PR-G 183. ruta dos viñedos de Belesar 13.650,01 8.872,51
Concello de Quiroga Melloras en miradoiros e sinalización de áreas xeográficas no concello 15.173,40 9.862,71
Concello de Folgoso do Courel Acondicionamento de diferentes recursos no concello de Folgoso do Courel 48.299,15 31.394,45
Concello de Ribas de Sil Itinerarios paisaxísticos do complexo arqueolóxico mineiro do Covallón e o dos Xeomiradoiros 18.462,29 12.000,49
Concello de Carballedo Acondicionamento dos accesos á Igrexa de Chouzán 11.858,00 7.707,70
Concello de Monforte de Lemos Iluminación ornamental “Torre da Homenaxe” e sinalización patrimonio cultural casco histórico 62.362,76 40.535,79
Concello de Pantón Iluminación ornamental “Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón 31.551,96 20.508,77
Concello do Saviñao Iluminación ornamental da igrexa Santo Estevo de Ribas de Miño, da igrexa de Diomondi, da Igrexa da Cova e da Devesa de Escairón 35.111,39 22.822,40
Concello da Pobra do Brollón Creación da ruta pola Capela do San Vitoiro e a Mesa dos Catro Cabaleiros 48.396,32 31.457,61
357.880,80 232.622,52

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....