HomeEconomíaMonforte perde emprego e Sarria gánao

Monforte perde emprego e Sarria gánao

Mal mes para a cidade do Cabe que aumenta en 27 o número de parados/as con respecto ao mes de marzo. En Sarria, pola contra, o desemprego baixou en 70 persoas.

Publicado o

- Advertisement -

Este pasado mes de abril descendeu o número de desempregados nun 2,7% en Galicia, a comunidade autónoma onde máis baixou. A provincia de Lugo tamén obtivo uns bos números descendendo o paro en 482 persoas. Mentres, en Monforte, hai 27 parados máis sendo o aumento dun 2,5%, datos que preocupan á Secretaría de Acción Sindical de Comisións Obreiras da zona sur de Lugo. E non é para menos, porque no conxunto do resto de municipios da zona sur o paro baixou en 132 persoas.

Este sindicato achaca estes malos resultados á excesiva dependencia do sector terciario ou de servizos xa que 4 de cada 5 traballadores que perdeu o emprego tiñan contrato de camareiro/a.

Pola contra, a Comarca se Sarria pode presumir duns bos resultados, baixando o número de parados en todos os concellos e liderando a contratación o Concello de Sarria que incorpora 70 persoas ao mercado laboral.

Por comarcas, Lemos ten 1.667 desempregados, Sarria 1.109, Chantada 619 e Quiroga 288. Monforte é o concello onde máis aumentou o número de parados con 27 e Sarria onde máis baixou contando na actualidade con 779 demandantes de emprego.

parados/as por concellos

Monforte de Lemos conta con 1.107 desempregados (+27), Pantón 92, (-6), A Pobra do Brollón 73 (-6), O Saviñao 175 (-11), Sober 103 (+1), Bóveda 51 (+1), Carballedo 74 (-5), Chantada 446 (-6), Taboada 99 (-7), Quiroga 185 (-3), Ribas de Sil 61 (+3), Folgoso do Courel 42 (-2), Sarria 779 (-70), O Incio 66 (-1), Láncara 123 (-5), Samos 41 (=), Triacastela 17 (-1), Paradela 43 (-2) e O Páramo 40 (-7).

CC.OO. láiase de que que non se aposte por asentar sectores produtivos e sostibles na zona feito que explica que emigren traballadores moi cualificados como médicos, enfermeiros/as, enxeñeiros/as, etc Este feito provoca que se creen postos de traballo no sector servizos, sector no que o 80% da contratación é temporal e precaria. Segundo afirman, 9 de cada 10 contratos son por horas ou 2 días semanas.

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...