HomeEconomíaImportante certificación para o Grupo chantadino ViniGalicia

Importante certificación para o Grupo chantadino ViniGalicia

Hai poucas semanas superaron con éxito a auditoría de IFS Food, norma de seguridade alimentaria de gran prestixio internacional.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo adegueiro ViniGalicia, con sede en Chantada, sempre traballou para garantir a máxima calidade e seguridade da súa ampla gama de viños. E tendo claro este propósito, os resultados e recoñecementos van chegando. Hai poucas semanas superaron con éxito a auditoría de IFS Food, norma de seguridade alimentaria recoñecida pola Global Food Safety Iniciative (GFSI), centrada na seguridade e calidade dos alimentos procesados.

Chega así un novo selo para esta empresa chantadina que se suma ás certificacións coas que conta xa esta adega, referencia en Galicia dende o ano 2013.

a empresa

ViniGalicia Familia Bodeguera empezou a súa actividade no 1940 cando Manuel Méndez e Maruja Otero fundaban Casa Penouzos, un pequeno establecemento familiar dedicado á hostalería e á venda de viños. Anos despois, e coa axuda dos fillos, deciden dedicarse exclusivamente ao mundo do viño ata crear Bodegas Penouzos. O negocio funcionaba ben e a familia decidiu crear a primeira empresa da zona dedicada plenamente á industria vinícola fundando no 1976 Vinícola de Chantada S.A. Chegados os 90, e coa demanda do sector en constante crecemento, a terceira xeración familiar seguiu apostando por medrar e diversificar chegando á actual ViniGalicia.

Hai case 80 anos comezaron a súa andaina e con ilusión e moito esforzo foron cumprindo algúns soños; un deles, seguro que xa se cumpriu, pois xa están presentes nas 5 denominacións de orixe galegas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...