O importe previsto de pagamentos totais estímase en 170 millóns de euros de axudas directas e 40 millóns de euros para as medidas de desenvolvemento rural, tendo en conta os pagos xa realizados en novembro e decembro do ano pasado,
En axudas directas páganse máis de 25 millóns relativos a complementos de pagos parciais das liñas de pago básico, pago verde e pequenos agricultores. Realizaranse pagos totais das axudas de mozos agricultores e das axudas acopladas de superficies e de gandaría (cebo de tenreiros, ovino e caprino). Nas zonas con limitacións naturais, agroambiente e clima e agricultura ecolóxica, o volume total de pagos calculado polo Fogga superará os 15 millóns de euros.
Para a campaña de 2019 agárdase unha situación semellante á de 2018, con arredor de 29.000 solicitudes. Este ano vaise continuar coa modernización e simplificación da PAC mediante a substitución dos tradicionais controis sobre o terreo polo monitoreo das superficies declaradas para pagamento básico.