HomeEconomía40.000 de euros das axudas da PAC pagaranse ata comezos de xuño

40.000 de euros das axudas da PAC pagaranse ata comezos de xuño

Durante estes días e ata comezos de xuño a Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), realizará pagos superiores a 40 millóns de euros da campaña da PAC 2018, na que houbo unhas 29.000 solicitudes en Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O importe previsto de pagamentos totais estímase en 170 millóns de euros de axudas directas e 40 millóns de euros para as medidas de desenvolvemento rural, tendo en conta os pagos xa realizados en novembro e decembro do ano pasado,

En axudas directas páganse máis de 25 millóns relativos a complementos de pagos parciais das liñas de pago básico, pago verde e pequenos agricultores. Realizaranse pagos totais das axudas de mozos agricultores e das axudas acopladas de superficies e de gandaría (cebo de tenreiros, ovino e caprino). Nas zonas con limitacións naturais, agroambiente e clima e agricultura ecolóxica, o volume total de pagos calculado polo Fogga superará os 15 millóns de euros.

Para a campaña de 2019 agárdase unha situación semellante á de 2018, con arredor de 29.000 solicitudes. Este ano vaise continuar coa modernización e simplificación da PAC mediante a substitución dos tradicionais controis sobre o terreo polo monitoreo das superficies declaradas para pagamento básico.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...