HomeEconomíaOs caldos da Ribeira Sacra serán evaluados polos responsables da Guía Peñín

Os caldos da Ribeira Sacra serán evaluados polos responsables da Guía Peñín

Guía Peñín é unha das publicacións máis prestixiosas de viños

Publicado o

- Advertisement -

O martes 5 de xuño ás 17:00 horas, Javier Luego e Alberto García, responsables da prestixiosa publicación Guía Peñín visitarán a sede do Consello Regulador Ribeira Sacra co fin de valorar os viños desta añada e así incorporalos na súa edición do 2019.

O equipo de Guía Peñín catará un total de 66 viños de diferentes anos, variedades e bodegas. Considerada como a guía española de viños máis completa do mundo, ten como obxectivo promocionar os viños nacionais e as súas bodegas. A súa paixón polo viño e a súa cultura marcan a pauta dun dos manuais máis consultados.

Os viños, que este ano obtiveron a calificación de excelentes, son un bo indicador de que se está a facer un gran traballo no colectivo dende a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e unha gran aposta por aumentar os controis de calidade por parte do Consello Regulador; tamén din moito do gran traballo de viticultores e adegueiros que conseguiron sacar para diante unha colleita marcada polas condicións climatolóxicas pouco favorables.

 

 

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...