HomeEconomíaBaixa o paro nas comarcas do sur de Lugo

Baixa o paro nas comarcas do sur de Lugo

A provincia de Lugo lidera o descenso do desemprego en Galicia no mes de maio cunha baixada do 10,37%. Sarria, Chantada, Lemos e Quiroga reducen o número de parados, 198 en total nas catro comarcas.

Publicado o

- Advertisement -

Galicia é a segunda comunidade na que máis baixou o paro no pasado mes de maio con respecto ao pasado ano. Ademais, a caída do desemprego supera con máis de tres puntos e medio  de diferenza a media que rexistrou o Estado. A baixada en Galicia foi do -8,99% fronte ao -5,31% de España.

No que respecta ao sur de Lugo, segundo comenta o sindicato CC.OO., o descenso do paro foi xeneralizado nas catro comarcas. O paro acumulado neste territorio, tras rematar maio, é de 3.359 persoas co balance de 198 desempregados menos.

Por comarcas, Lemos lidera a contratación de maio cun total de 85 persoas. O paro acumulado queda agora en 1.516 persoas. Sarria, un mes máis, perde tamén parados, nesta ocasión 65 persoas e queda con 1.044 anotados/as nas oficinas do INEM.

Chantada perde 28 desempregados, suma agora un total de 591, e Quiroga baixa en 20 o número de parados, quedando 208 pendentes de futuras ofertas laborais.

Dende a secretaría de acción sindical de CC.OO. Lugo valoran con gran satisfacción os datos de maio pola baixada xeneralizada en todos os concellos, “algo que non acontecía dende o comezo da crise”, comentan.

Aínda así, dende o sindicato cren necesario que concellos como Monforte de Lemos, con máis de 1.059 parados/as, un 44,5% do total das comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga xuntas, debería pensar na creación dunha concellería de emprego tendo en conta ademais a alta porcentaxe de paro de mozos/as e maiores de 52 anos.

Tamén lembran que nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada hai preto de 1.000 persoas que non cobran ningunha axuda.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...