HomeEconomíaCC.OO. pon o 'despoboamento rural' enriba da mesa de traballo

CC.OO. pon o ‘despoboamento rural’ enriba da mesa de traballo

Víctor Ledo, secretario xeneral de Galicia do sindicato, José Luis López, secretario xeneral de CC. OO. Lugo, e Mario Docasar, secretario comarcal, ofreceron unha rolda de prensa en Monforte arredor deste tema ademais de avanzar a realización dunhas xornadas técnicas para setembro.

Publicado o

- Advertisement -

CC.OO. Industria de Galicia reuniu o pasado xoves 22 de agosto no seu local da cidade de Monforte de Lemos á executiva galega coa intención, entre outras, de planificar unhas xornadas con técnicos do sector agroalimentario e industrial a realizar o vindeiro 18 de setembro.

Dende o sindicato consideran de vital importancia para poñer freo á despoboación na Comarca de Lemos a atención á cidadanía ofrecendo os mellores servizos básicos como son a educación, sanidade e boas conexións a internet ademais de buscar alternativas viables no agro e mellorar o sector industrial na zona.

Na rolda de prensa comentouse que a provincia de Lugo estaba entre as dez últimas de España en servizos básicos á cidadanía -educación, sanidade, internet- e non se pode permitir, máis se cabe se o obxectivo a futuro pasa por frear a despoboación no rural.

A Secretaría de CC.OO. Galicia ve un gran potencial na recuperación das 5.000 hectáreas de campo coas que conta Lemos para dedicar á horticultura cun sistema de regadío que xa quixeran noutros lugares, creado en 1970 e que ten máis de 200 quilómetros de canle e acequias. Isto en relación ao potencial que ten o agro, pero tamén comentaron que hai que activar o Porto Seco e outros polígonos como o do Reboredo.

Ademais de avanzar posibles solucións para atallar o despoboamento nesta Comarca de Lemos, o secretario para Galicia de Comisións Obreiras, Vítor Ledo, e o secretario xeneral de CC.OO. Lugo, José Luis López, anunciaron a realización dunhas Xornadas Técnicas especializadas no sector agroalimentario e industrial nas que participarán expertos da Universidade de Vigo como Antón Reino e José Manuel Lago. Estas xornadas están programadas para o 18 de setembro.

ÚLTIMAS

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...