HomeEconomíaMonforte e Carballedo lideran a subida do paro

Monforte e Carballedo lideran a subida do paro

Aumento xeneralizado do paro nas comarcas da zona sur de Lugo coincidindo co remate da tempada turística este mes de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

Dende a Secretaría de Acción Sindical de CC. OO. de Lugo en Monforte de Lemos fan unha valoración negativa dos datos aínda que sexa habitual no remate de agosto o repunte do desemprego por mor da finalización de moitos contratos vinculados á tempada de verán e relacionados co sector servizos.

A zona sur de Lugo incrementou en 27 o número de parados/as e queda actualmente cun total de 3.326. A comarca de Lemos queda con 1.478 desempregados (+8), Sarria con 1.008 (+6), Chantada con 585 (+8) e Quiroga con 255 (+5).

A subida do paro resulta xeneralizada en case todos os concellos destas catro comarcas e só os concellos do Saviñao, Paradela, Chantada, Bóveda, Folgoso do Courel e O Incio aumentaron emprego. O Saviñao baixou o paro en 7 persoas, Paradela e Chantada en 5, Bóveda en 2 persoas e O Incio e Folgoso remataron o mes cun desempregado menos. Os concellos con maior aumento do desemprego foron Monforte con 11 e Carballedo con 10.

Dende o sindicato de Comisións Obreiras ven con preocupación esta desaceleración na creación de emprego que entenden que afecta especialmente aos máis novos. Segundo indican, catro de cada dez parados son mozos/as que non tendo traballo ou téndoo en condicións precarias rematan marchando a outras comarcas ou fóra de Galicia.

Así mesmo, CC.OO. denuncia que hai empresarios do sector da hostalería que obrigan a traballadores a realizar 106 horas extras en 15 días concentrados no mes de agosto sen remunerar nin compensan cos descansos preceptivos. Abondando no anterior, denuncian tamén que non se está cumprindo co rexistro horario, tema que puxeron en coñecemento da Inspección do Traballo.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...