HomeEconomíaAmbiente de cabaret para unha gran noite de compras en Monforte

Ambiente de cabaret para unha gran noite de compras en Monforte

Este sábado 14 de setembro, o Centro Comercial Urbano de Monforte organiza unha nova edición da "Noite Branca".

Publicado o

- Advertisement -

Como en ocasións anteriores, varios establecementos asociados ao CCU abrirán en horario especial entre as 20:30 e a 01:30h. da madrugada. As tendas terán unha decoración especial, ofrecerán mesas doces e poderanse adquirir moitos produtos con grandes descontos.

Para crear ambiente nesta noite especial de compras, os organizadores contrataron os servizos da empresa ourensá Troula Animación, un referente xa na cidade do Cabe en espectáculos de rúa. A proposta elixida para a ocasión é o show “Moulin Rouge“, un gran pasarrúas no que destaca un gran muíño móbil con diferentes personaxes saídos do mundo do cabaret que interactúan coa xente a ritmo de “can can”, números cómicos e malabares.

A representación terá lugar polas principais rúas comerciais de Monforte entre as as 23:00 e as 24:20 h.

Outro dos atractivos para estes días é a pista de patinaxe que hai na Praza da Compañía. Permanecerá aberta ata o vindeiro luns 16 de setembro en horario de 11:00 a 14:00 h. pola mañá, e de 16:00 a 22:00 h. pola tarde-noite. Os descontos nas entradas poden conseguirse nos establecementos asociados.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...