HomeEconomíaO despoboamento a debate en Monforte

O despoboamento a debate en Monforte

CC. OO. de Industria de Galicia organiza este 17 de setembro unha xornada matinal no Parador de Turismo na que se abordará esta problemática dende o punto de vista de diferentes personalidades especializadas no tema.

Publicado o

- Advertisement -

A xornada pretende poñer enriba da mesa un tema moi importante para o futuro do país en xeral e de Galicia en particular, o despoboamento do rural. Abordaranse as terribles consecuencias socioeconómicas que se derivan e aportaranse ideas e propostas para frealo e/ou intentar reverter a situación.

O acto inaugural terá lugar ás 10:15 h. e o encargado de dar a benvida aos asistentes será Víctor Ledo Suárez, Secretario Xeral de CC. OO. De Industria de Galicia.

O foro desenvolverase coa disposición de tres mesas nas que os convidados e convidadas falarán sobre o tema proposto en cada unha delas acompañados/as dun moderador ou moderadora que dará paso aos intervintes e poñerá orde nas intervencións.

Na primeira mesa ás 10:30 h. falarase da ‘Situación actual do despoboamento’ onde destaca, entre outros, a presencia de Miguel Ángel Pérez Dubois, Director Xeral de Desenvolvemento Rural e Director de AGADER (Axencia de Desenvolvemento Rural).

Na segunda das mesas ou táboa redonda, ás 12:00 h. e xusto despois da pausa café, o tema a tratar será ‘Que medidas tomar para evitar o despoboamento’ e nela estarán presentes os voceiros/as de Medio Rural de diferentes partidos políticos. Polo PP estará Moisés Blanco Paradelo, polo PSG-PSOE Patricia Otero Rodríguez, Xosé Luis Rivas representará ao BNG e Antón Sánchez García ao grupo En Marea.

A terceira das táboas redondas está programada para as 13:00 h. e nela poñeranse enriba da mesa ‘Propostas de CC. OO. para evitar o despoboamento’. Os encargados de defender o tema serán José María Díaz Bustamante -Gabinete económico de CC. OO. De Industria- e Francisco Javier Velasco Cuevas -Responsable do Sector do Campo de C.C. OO. Industria-.

A continuación, ás 13:30 h. haberá un debate e ás 14:30 terá lugar a clausura da xornada que correrá a cargo do monfortino Francisco Conde López, Conselleiro de Economía e Industria.

ÚLTIMAS

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...