HomeEconomíaRenovación total da catenaria no tramo ferroviario Ourense-Monforte

Renovación total da catenaria no tramo ferroviario Ourense-Monforte

O Consello de Ministros vén de autorizar ao Ministerio de Fomento, na reunión deste venre 20 de setembro, a licitar a través de Adif, estes traballos.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo o Goberno, esta actuación será clave para que os servizos ferroviarios na liña de Lugo poidan beneficiarse das prestacións da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia, xa que a actuación permitirá, nunha fase posterior, o paso da electrificación de 3 kV en corrente continua a 25 kV en corrente alterna.

O contrato, enmarcado nun plan de melloras realizadas por Adif para a modernización do traxecto Ourense-Monforte-Lugo, ten un valor estimado de 20.315.871 euros e conta cun prazo de execución de 20 meses.

O obxectivo desta actuación, dende o punto de vista comercial, é incrementar a fiabilidade e competitividade, optimizando as condicións de explotación da liña. Dende o punto de vista técnico as melloras consistirán na substitución da liña área de contacto actual (catenaria) no tramo Ourense-Monforte por unha de tipo híbrido, con capacidade tamén para albergar, con mínimas transformacións, unha futura electrificación a 25 kV en corrente alterna, compatible coa rede de alta velocidade.

ÚLTIMAS

BNG e PP denuncian o estado da N-120 e esixen a súa reparación urxente

O BNG de Monforte reclamará un calendario de obras con dotación real e actuacións...

Convócase o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza...

Presentación do novo libro do escritor Armando Requeixo,’Literatura insólita’

Publicado pola Editorial Galaxia, Literatura insólita reúne unha escolma de artigos nos que o...

O Entroido Ribeirao a exposición na Casa da Cultura de Chantada durante este mes

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante todo o mes de febreiro unha...