HomeEconomíaAdif anuncia a reparación de 11 desmontes entre Monforte e Ourense

Adif anuncia a reparación de 11 desmontes entre Monforte e Ourense

Publicado o

- Advertisement -

Adif adxudicou por case tres millóns de euros as obras de reparación de 11 desmontes no tramo entre Monforte e Ourense –na liña de Lemos a Vigo–. Unhas obras que realizará nos concellos da Peroxa, Coles e Ourense, cun prazo de execución de 13 meses.

O contrato, que foi adxudicado a Construcións Taboada e Ramos, ten como obxectivo reforzar a seguridade e estabilidade da infraestrutura ferroviaria, e enmárcase nas obras para mellorar a conexión entre Ourense, Monforte e Lugo para tráfico de viaxeiros e mercadorías.

As actuacións realizaranse, principalmente, na banda de mantemento da liña, polo que a afectación ao servizo ferroviario de viaxeiros será mínima ou inexistente.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...