HomeComarca de SarriaLuz verde á licitación da primeira fase da conversión en autovía do...

Luz verde á licitación da primeira fase da conversión en autovía do Corredor Nadela-Sarria

Permitirá facer o percorrido máis seguro e máis rápido, xa que conta cunha velocidade de proxecto de 120 quilómetros por hora

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno galego deu luz verde á licitación da primeira fase da conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria e das obras da vía de alta capacidade Tui-A Guarda, entre a A-55 e a ligazón de Areas.

No que respecta á conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, precisou que esta primeira fase, que afecta o tramo entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro, nos concellos de Sarria e do Páramo, contará cun investimento de máis de 24,6 millóns, coa previsión de que se poida iniciar a execución das obras a mediados de 2020.

Implicará a construción dunha nova calzada en sentido A Pobra de San Xiao-Sarria, pasándose dunha calzada de dous carrís a dúas calzadas de dous carrís por sentido, mantendo o trazado existente.

Tras destacar que a obra permitirá facer o percorrido máis seguro e máis rápido, xa que conta cunha velocidade de proxecto de 120 quilómetros por hora, o titular da Xunta tamén subliñou que o proxecto inclúe a adaptación das ligazóns da Pobra de San Xiao, Sarria Norte e a ligazón de Sarria centro, ademais de prever a adaptación dos pasos inferiores.

Así mesmo, e en paralelo ao comezo da primeira fase, avanzarase na redacción do proxecto da segunda fase entre Láncara e Nadela.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...