HomeEconomíaSubvencións á creación de empresas en Monforte

Subvencións á creación de empresas en Monforte

A contía destinada a estas axudas para subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento das empresas durante os primeiros meses de actividade no ano 2019 ascendeu a un total de 25.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte aprobou a concesión de subvencións á creación de empresas e postos de traballo neto no 2019. Esta liña de axudas enmárcase no programa de “Promoción do emprego” ano 2019, que tiña como obxectivo principal fixar poboación no Concello e contribuír a un crecemento sostible, promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego.

A estas axudas puideron acollerse empresarios e empresarias individuais, así como pequenas e medianas empresas (PEME`s), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019.

O importe máximo destinado foi establecido nun máximo de 1.500 por beneficiario, non podendo superar o 50% dos gastos efectuados durante o período indicado. Esta contía incrementouse nun 25% no caso de que a persoa beneficiaria fose muller ou persoa con discapacidade; foi así en 2 casos, que percibiron un importe de 1.875 € cada unha.

Beneficiarios e requisitos

Os requisitos necesarios que tiveron que cumprir as empresas que optaron a esta liña de axudas foron os seguintes:

  • Ter o enderezo fiscal e social en Monforte de Lemos.
  • Ser empresas de nova creación, considerando incluídos, neste concepto, os traspasos de negocios, exceptuando aqueles traspasos que se realicen entre cónxuxes ou parella de feito e familiares por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao inclusive, así como as transformacións de forma xurídica.
  • As persoas promotoras debían estar en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial e crear, polo menos, o seu propio posto de traballo en calquera das formas xurídicas existentes.
  • Non ter percibido subvención ó abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data de inicio da nova actividade.
  • Non desenvolver como traballadores autónomos a mesma ou similar actividade no Concello de Monforte de Lemos, nos 6 meses anteriores á data de inicio da nova actividade, nin estar dadas de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidades de colexio profesional.
  • As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia podían ser beneficiarias das axudas destas bases cando formasen parte dunha comunidade de bens (sociedades civís), cando a súa incorporación á mesma como socio implicase a súa alta no réxime especial de traballadores por conta propia ou constitúan unha Sociedade Mercantil.
  • Non ter débedas coa Seguridade Social, coa Consellería de Economía e Facenda, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, nin a sociedade nin as persoas socias, así como tampouco ter débedas co Concello de Monforte, nin a sociedade nin as persoas socias.

Gastos subvencionables

  • Gastos de constitución: subvencionables o 50% dos seguintes gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa: visado, honorarios e gastos de proxectos técnicos, alta no rexistro mercantil.
  • Existencias iniciais de mercadorías: subvencionables o 50% da adquisición de primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción.
  • Gastos de aluguer de local, do vehículo industrial, de aplicacións informáticas e de equipos informáticos: subvencionables o 50% dos gastos de aluguer sempre que o elemento alugado sexa imprescindible para a realización da actividade da empresa.
  • Primas de seguros: subvencionables o 50% dos gastos da contratación de seguros directamente relacionados coa actividade da sociedade (seguro do local, de responsabilidade civil e, como máximo, dun vehículo, só no caso de que sexa imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade).
  • Subministracións e gastos correntes: subvencionables o 50% dos seguintes gastos correntes derivados directamente da realización da actividade empresarial: auga, teléfono, electricidade, gasóleo/gasolina, material de oficina, asesoría (só cotas mensuais), gas, equipos de seguridade nas súas instalacións (só cotas mensuais).

As asociacións e entidades tiveron ata o 30 de novembro para presentar a documentación requirida para optar a estas axudas. Tras finalizar este período, e superados os pertinentes informes técnicos, a Xunta de Goberno do Concello aprobou o pasado día 30 a concesión das seguintes subvencións:

NUM. RESPONSABLE DA EMPRESA SUBVENCIÓN
1 Luis Rodríguez Cedrón 1.500,00 €
2 Antonio Gallego Pérez 1.500,00 €
3 Antonio Sánchez Meira 1.333,95 €
4 Karen Irina Osorio Hernández 1.875,00 €
5 Noelia González Rodríguez 1.875,00 €
6 Jorge Alberto Núñez Ríos 1.500,00 €

ÚLTIMAS

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...