HomeEconomíaComo lle afecta a subida do SMI a 950 euros ao sur...

Como lle afecta a subida do SMI a 950 euros ao sur de Lugo?

Segundo o sindicato CC.OO. Lugo, a medida pode beneficiar a unhas 3.000 familias.

Publicado o

- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC. OO. Lugo pronunciouse este venres 24 de xaneiro respecto da subida a 950 euros do SMI -Salario Mínimo Interprofesional- para o 2020 acordada entre Goberno, patronal e sindicatos o pasado 22 de xaneiro.

Valoran moi positivamente o aumento e máis considerando, segundo eles, que nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada hai máis de 3.100 traballadores que non chegan aos 950 euros fixados agora como soldo mínimo mensual. Aínda amosando satisfacción lembran que o noso país segue estando moi por debaixo doutros países europeos como Holanda, Bélxica, Alemaña, Francia ou Luxemburgo, país este último que dobra o noso SMI.

Dende o sindicato calculan que este aumento pode beneficiar a máis de 3.000 familias e advirten aos traballadores que os pluses de antigüidade non poderán ser absorvidos en ningún caso pola subida aos 950 euros mensuais e que se contabilizan en 14 pagas.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...