No 2014, a raíz do premio da Lotaría do Neno en Monforte, un grupo de voluntarios e agraciados co premio, tomaron a iniciativa de que esa sorte revertese en Monforte e contorna, e crearon a Asociación Semente Monforte que puxo en marcha o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte. Neste 2020 a iniciativa adquire unha nova dimensión e pasa a chamarse Semente Ribeira Sacra.
Desde o comezo, a Presidenta da Asociación Semente Monforte é Sara Fernández. Como lembras os inicios?
Chámanme para colaborar neste proxecto. Todo comezou pola lotería e falamos de facer sorrir a familias de Monforte. Ao principio pensabamos en axudar a familias sen recursos, familias desestruturadas, nenos que non podían estudar por falta de medios… Pero este primeiro enfoque non funcionou.
Unha das empresas colaboradoras propuxo reorientar para axudar a persoas emprendedoras que tivesen unha idea e quixesen poder levala á práctica. A nova formulación funcionou e xa imos polo VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.
Ao principio a iniciativa centrábase en Monforte e comarca, agora xa abarca toda Ribeira Sacra e ábrese a todo o mundo.
Comezaba máis orientado a Monforte, pero enseguida se abriu ao proxecto que hai hoxe, un proxecto de innovación. Aos poucos entraron a colaborar co Concurso empresas colaboradoras que non eran locais e que tiñan unha visión bastante distinta ao que nós pensabamos. Eles fixéronnos ver que había que estendelo, priorizábase a comarca e despois Ribeira Sacra. A algunha xente non lle gustou que nos abrísemos, pero non nos podiamos arriscar a que isto non tivese proxección e durase pouco. Limitándonos a Monforte, habería poucos proxectos, isto fixéronnolo ver as empresas. Agora pode participar a persoa que queira, sexa de onde sexa.
Quen integra hoxe a Asociación Semente Monforte?
Sumouse a Deputación de Ourense e estamos coa ilusión de que se una a Deputación de Lugo. Ademais do concello de Monforte, sumáronse os concellos de Chantada, O Saviñao, Bóveda, A Pobra do Brollón e Pantón. Contamos con empresas importantes que axudan a que isto se faga realidade. Se non hai patrocinadores non podemos dar 20.000 euros de premios, nin facer o que estamos a facer.
Entre as empresas contamos con Bricoking, Universal Barbosa, CaixaBank, Estrela Galicia, Sicyme, empresa de Monforte que se uniu a finais de 2019, e Autocares Sánchez e ct. galega, tamén de Monforte. Outras empresas colaboradoras son Inberavante, Dimaga, Gadis, Lagoa-Borges, Daveiga, Adegas Rectoral de Amandi, R cable e Pérez Rumbao. Están tamén connosco as 3 Universidades galegas e o Igape. Aquí estamos moi agradecidos ao Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, porque está moi involucrado con esta iniciativa e participa activamente cando é a presentación de proxectos.
Outras empresas colaboradoras son Inberavante, Dimaga, Gadis, Lagoa-Borges, Daveiga, Adegas Rectoral de Amandi, R cable e Pérez Rumbao. Están tamén connosco as 3 Universidades galegas e o Igape. Aquí estamos moi agradecidos ao Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, porque está moi involucrado con esta iniciativa e participa activamente cando é a presentación de proxectos.
Cal é a función da Asociación? En que consiste todo o traballo que desenvolve?
Todo o vinculado ao Concurso de Proxectos Empresariais. Estamos en todo o proceso, mesmo cando xa se puxeron a andar. As empresas involúcranse cos proxectos, o Igape asesora, porque empezas un novo proxecto e é tan difícil poder conseguir unha subvención que che de ese empuxón; e despois as Universidades que viñeron a asesorar e axudar. O asesoramento é moi importante. Neste punto xoga un importante papel o sementeiro que supón o coworking que se desenvolve en Expolemos. Ter bos proxectos, asesorados e ben feitos é un plus. Temos esa sorte porque o toman con moitsimo interese e moitos dos proxectos que hoxe están a funcionar é grazas a ese asesoramento e esa axuda.
Hai un perfil do tipo de xente que presenta as súas iniciativas?
Desde a Asociación imos ás Universidades para presentar o Concurso aos mozos que están no momento de presentar o seu proxecto e son moitos os proxectos que saen das Universidades galegas. Tamén imos aos institutos e hai uns anos alumnos do IES A Pinguela de Monfortepresentaron o seu proxecto. Temos unha empresa en Santiago que é un pai e un fillo. A maioría é xente nova.
Que tipo de proxectos serían os máis interesantes, tendo en conta o momento que vive Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio da Humanidade?
Nestes anos saíron ideas vinculadas co despoboamento, gandaría, temas ecolóxicos e de alimentación,… Non definimos un perfil do tipo de proxecto. Se alguén ten a sorte de que a súa idea en lugar de quedar nun caixón pode saír adiante porque a idea é boa, xa está. A maioría dos proxectos estiveron relacionados con novas tecnoloxías, pero o ano pasado gañou Carlos co seu proxecto ecolóxico de alimentación na praza.
Ata o 16 de febreiro está aberto o prazo para presentar ideas a través da web sementeribeirasacra.org. Cantas ideas se reciben?
O ano pasado houbo 87 ideas, adoitamos roldar esa cantidade, e despois elíxense 10. Eses 10 teñen que preparar o seu proxecto para defendelo o día dos premios, que este ano será o 9 de maio. Ese día desde as 9.00 da mañá reúnese o xurado, formado polas empresas e organismos colaboradores, ademais de dous membros da Asociación; para escoitar os proxectos e despois delibéranse os premios.
Este ano increméntase o importe dos premios, o primeiro premio son 10.000 euros, o ano pasado foron 8.000. O segundo premio é de 7.000 euros e o terceiro de 3.000.
Dos proxectos desenvoltos ata o momento que balance facedes?
A maior parte dos proxectos eran de xente da Ribeira Sacra e de Galicia. En Lalín caeu un primeiro premio. Moitos proxectos que non gañaron abríronse camiño. Fai tres anos creo que gañou un proxecto de Alicante.
Estamos a traballar para chegar a toda España e abrirnos ao estranxeiro, tanto a través da web como no traballo de comunicación do Concurso. Estamos a facer moito e estase movendo moito, por iso é polo que sigamos todos ilusionados.
Unha vez se faga entrega dos premios, o 9 de maio, faise seguimento de como se executa o proxecto?
Coñecemos como van as cousas e a nivel de asesoramento, estamos presentes sempre a través do IGAPE e das Universidades. Na cea onde se entregan os premios veñen os últimos premiados e sempre hai alguén que quere contar algo. É unha cita moi familiar á que todos veñen porque queren e iso agrádanos moito. Atopamos a xente marabillosa neste camiño. No contacto cos premiados, as bases recollen que calquera das empresas premiadas pode acudir ás empresas e organismos colaboradores. Hai comunicación.