HomeEconomía1,1 millóns de euros en axudas de reconversión do viñedo en Galicia

1,1 millóns de euros en axudas de reconversión do viñedo en Galicia

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día 12.

Publicado o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde de axudas da Consellería do Medio Rural para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, cun orzamento de 1,1 millóns de euros. O obxecto desta liña de achegas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sostibles e a pegada ambiental deste sector produtivo.  A través desta orde de achegas, preténdese diminuír os custos de produción das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Tamén se fomenta a adaptación das variedades ás demandas do consumidor ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando así a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa viticultora. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de reimplantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas.

Cada viticultor deberá seleccionar o seu propio calendario de execución, escollendo entre unha execución anual (ata o 31 de maio de 2021) ou bianual (ata o 31 de maio de 2022), con ou sen anticipo. Así mesmo, valorarase a contratación dos seguros agrarios para a uva de vinificación así como a concentración de superficie vitícola nunha única parcela.

Enlace á orde no DOG

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o 15 de marzo os Cantos de Taberna

O Concello de Quiroga ten aberto o prazo para participar neste festival de música...

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta...

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...