Homesociedade13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Concello de Bóveda vén de rehabilitar a Fonte de Piñeiro, emprazada na parroquia de Martín, grazas a unha subvención do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia por importe de 13.600 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada aos municipios. Sumouse a esta convocatorias para corrixir o impacto paisaxístico causado polo mal estado de conservación da fonte e tendo en conta o seu deterioro.

Os traballos que se levaron a cabo consistiron na demolición do muro de bloque de formigón ata a cota das escaleiras de acceso, a execución dunha estrutura de contención a base de estacas de madeira e vargos colocados en posición horizontal, a reposición da canalización das augas, a substitución do cano da fonte e a instalación dunha varanda de protección.

A maiores, e por conta do Concello de Bóveda, instalouse un banco en madeira e unha pérgola para que os veciños e veciñas poidan darlle un novo uso a este lugar, como espazo de lecer. O rexedor, José Manuel Arias, explica que desde o banco “hai unhas vistas extraordinarias do Val de Lemos”, polo que é un lugar idóneo para poder empregar por parte da veciñanza.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...