HomeEconomíaPodería ser máis barato o prezo do solo dos polígonos industriais?

Podería ser máis barato o prezo do solo dos polígonos industriais?

O Grupo Provincial do PP defenderá unha moción no próximo pleno da Deputación para instar a SEPES e a SEA a rebaixar o prezo do solo nos parques empresarias por elas promovidos na provincia, entre os que se atopan Sarria e Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Estimular o asentamento de empresas esixe crear as condicións idóneas en materia de infraestruturas e custes para o desenvolvemento dos proxectos empresariais. Neste sentido, o custe do solo industrial é peza clave das políticas para atraer empresas. Os polígonos industriais xestionados a través de Xestur ofrecen prezos moi competitivos; non ocorre o mesmo nos parques empresariais xestionados pola Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES) e por Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA).

Entidad Pública Empresarial de Suelo (SEPES) promove na provincia de Lugo os  parques industriais de Ribadeo e Sarria, mentres que Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA) asume os de Monforte, Rábade e  Mondoñedo. Segundo o PP, o desenvolvemento industrial destes concellos depende de SEPES e de SEA.,”Á vista da actual situación é evidente que algúns destes parques empresariais non responderon, ata o momento, ás expectativas que suscitaron; o custo do solo converteuse nunha das principais dificultades para a súa  ocupación”.

Os populares consideran que para que estes parques empresariais sexan competitivos co solo industrial desenvolto noutros concellos, dependente fundamentalmente da Xunta de Galicia, a través de XESTUR, ou no seu caso da Deputación Provincial, ata agora por medio de SUPLUSA,  é preciso que a oferta de solo por parte de SEPES e SEA se efectúe a un prezo similar ao de outras administracións.

A Xunta de Galicia puxo en marcha unha liña de bonificacións no prezo das parcelas, ampliación dos prazos para facilitar os pagos ou, máis recentemente, o denominado dereito de superficie. O obxectivo final, segundo a Xunta, é incentivar a aquelas empresas que poidan xerar actividade económica e crear novas oportunidades de emprego con fórmulas para facer do solo industrial dispoñible espazos atractivos para a implantación de empresas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...