HomeEconomíaO Concurso de Semente Ribeira Sacra chega a Perú

O Concurso de Semente Ribeira Sacra chega a Perú

O VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra pretende impulsar o emprendemento. A iniciativa ten a súa orixe na Asociación Semente Monforte, creada no 2014 cando a Lotaría do Neno caeu en Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O Concurso ten por obxecto incentivar proxectos empresariais, con especial atención aos proxectos innovadores e con preferencia aos vinculados co territorio Ribeira Sacra, para desenvolver o medio rural e a posta en valor dos seus recursos; pero ábrese a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial.

Nesta ocasión incribíronse 112 persoas e 87 ideas son as que cumpren con todos os requisitos. A maioría corresponden a ideas feitas desde Galicia e delas a metade son do territorio Ribeira Sacra. A convocatoria deste ano abríase a todo o mundo e houbo propostas tamén, de Andalucía, Madrid ou Comunidade de Valencia. A nivel internacional, cóntase cunha proposta que chega desde Perú. O 1 de marzo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

As ideas seleccionadas presentarán antes do 17 de Abril do 2020, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF, mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

O 9 de Maio de 2.020, os 10 candidatos deberán defender o seu proxecto diante do xurado, formado polas empresas patrocinadoras, institucións colaboradoras e dous membros da Asociación Semente Monforte. O fallo e a entrega de premios farase nunha cea-gala que se celebrará en Monforte de Lemos esa mesma noite.

O Concurso aumenta a dotación dos seus premios e para esta edición contarase cos seguintes premios:

  • 1º Premio – 10.000€
  • 2º Premio – 7.000€
  • 3º Premio – 3.000€

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...